ENCENDE A RECICLAXE

CAMPAÑA RECICLA E AFORRA

Acumula os teus tickets e descóntaos nas túas compras nos postos asociados na campaña. Aqueles clientes que presenten tickets por un importe superior aos 10€,  deberán sacar unha fotografía no photocall da campaña.

EDICIÓN 2018

Dende o CCA, poñemos en marcha esta campaña de concienciación medioambiental, financiada polo Plan Social de Ence.

Baixo o nome de “encende a reciclaxe”, coincidindo coa Semana Europea de Prevención de Residuos voltamos a poñer en marcha este proxecto que conta con dous obxectivos principais: o primeiro a redución de bolsas de plástico dun só uso e o segundo a sensibilización sobre as repercusións sociais e ambientais do uso excesivo de bolsas de plástico dun só uso no comercio.

As bolsas de plástico dun só uso que se reparten nos comercios, convértense rapidamente nun residuo. Tanto a fabricación das bolsas como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais e económicos. Estímase que cada persoa usa unha media de 238 bolsas ao ano .

Con esta campaña, que conta coa financiación do Plan Social de Ence, pretendemos que os establecementos asociados e en extensión os seus clientes, reduzan o consumo das bolsas de plástico dun só uso, creando deste xeito unha conciencia de respecto ao medioambiente.

Deste xeito, martes 20 e venres 23 de novembro, de 09 a 13 horas, disporemos dun stand informativo na Praza de Abastos no que se informará a todas as persoas sobre a campaña, podendo conseguir unha das  bolsas reutilizables. Para isto, deberán entregarnos a cambio unha bolsa de plástico dun só uso.

EDICIÓN 2017

INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA E REPARTO DE BOLSAS REUTILIZABLES

BOLSAS DE PLÁSTICO DUN SÓ USO RETIRADAS COA CAMPAÑA

XOVES 23 E VENRES 24, COINCIDINDO COA SEMANA EUROPEA DE PREVENCIÓN DE RESIDUOS, ESTAREMOS NA PRAZA DE ABASTOS INFORMANDO SOBRE A CAMPAÑA E SE NOS ENTREGAS UNHA BOLSA DE PLÁSTICO DUN SÓ USO, RECIBIRÁS A BOLSA* REUTILIZABLE DA CAMPAÑA

*unds limitadas

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO

  • 234 bolsas de un só uso pasan ao ano polas mans de cada un de nós converténdose en residuos.

  • 20 minutos é «a vida útil» dunha bolsa sun só uso, do comercio á casa e despois para o lixo.

  • 150 anos calcúlase que é o tempo que tarda en desfacerse unha bolsa de plástico no ambiente, pero os seus compoñentes químicos continúan contaminando.

  • O 20% do lixo recollido nas praias son bolsas dun só uso.

  • 4 gramos de CO2 son emitidos á atmósfera para a produción dunha bolsa de plástico.

  • 441.000 toneladas de CO2 son emitidas nun só ano en España para a produción de bolsas de un só uso.

  • O  1 de xaneiro do vindeiro ano 2018,  entra en vigor unha normativa que obriga a cobrar pola entrega das bolsas de plástico. O obxectivo, desta nova normativa sobre bolsas de plástico en comercios, é a redución do seu consumo en España para cumplir así co fixado na lexislación europea e incrementar o respecto ao medioambiente.

O proxecto «ENCEnde a reciclaxe» é unha iniciativa do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e conta co financiamento do «Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa de ENCE».